Elévanse a 27.000 euros os ingresos pendentes polo uso do matadoiro de Sarria

SarriaXa
O Concello de Sarria acolleu este luns a primeira reunión da comisión de investigación sobre a situación económica do matadoiro municipal, que serviu para elevar en 27.
matadoiro Sarria
2 Nov 2023

O Concello de Sarria acolleu este luns a primeira reunión da comisión de investigación sobre a situación económica do matadoiro municipal, que serviu para elevar en 27.518,06 euros as cantidades que as arcas municipais deixaron de ingresar nos cinco primeiros meses do ano 2019.

Con estes novos cálculos, aportados tras a revisión dos documentos, a contía global pendente de ingreso no concello situaríase desde comezos de 2019 en 202.000 euros. Ao respecto, o alcalde salientou que os grupos da oposición teñen acceso a todos os informes dos últimos catro anos. Ademais, manifestou a súa intención de remontar as comprobacións a antes de 2019, malia que o cobro das cantidades anteriores xa estarían prescritas.

Nesta primeira reunión da comisión de investigación, o Goberno local tamén puxo en coñecemento da oposición que o departamento de Tesouraría está a notificar aos usuarios do matadoiro dos meses de outubro, novembro e decembro de 2019 as cantidades que figuran pendentes de ingreso no Concello.

Deste xeito, preténdese que os usuarios das instalacións poidan comunicar a través dunha declaración responsable se xa efectuaron eses pagos no seu momento ou, no caso contrario, para que poidan liquidalos agora.

Baixo a presidencia do alcalde, a comisión quedou integrada por César No e Geni Valcárcel de Camiña Sarria, Carmen José López e Jesús Rodríguez do PP, José Manuel López e Diego López do PSOE e Efrén Castro e Mónica López do BNG.

0.076122045516968