Eloy López, veciño de Paradela, foi homenaxeado por facer 100 anos

SarriaXa
O Concello de Paradela brinda homenaxe ao seu veciño centenario, Don Eloy López López, que o 3 de febreiro fixo 100 anos, polo que recibiu un ramo de flores, un doce e unha placa conmemorativa do seu centenario.
alcaldesa Eloy 100 anos residencia
alcaldesa Eloy 100 anos residencia
8 Feb 2024

O Concello de Paradela brinda homenaxe ao seu veciño centenario, Don Eloy López López, que o 3 de febreiro fixo 100 anos, polo que recibiu un ramo de flores, un doce e unha placa conmemorativa do seu centenario.

A alcaldesa do Concello de Paradela, Montserrat Mulet, xunto coa traballadora social do Concello acudiron ao domicilio particular do homenaxeado para participar deste día tan especial.

"Eloy estaba emocionado e agradecido polas atencións e agasallos recibidos. Fíxolle especial ilusión a entrega dun pin cun escudo do Concello de Paradela que vai lucir orgulloso na solapa da súa chaqueta", sosteñen.

0.079516172409058