Emilia Fernández Seijo é a cuarta na lista do PSOE de Láncara
O PSOE de Láncara vén de presentar a súa cuarta candidata para as vindeiras eleccións do 28 de maio, que é Emilia Fernández Seijo.
Estes días xa foron desvelando nomes como o de José Manuel García, o terceiro na lista do PSOE de Láncara, así como o segundo, que lle corresponde a Miguel Fernández.
De Emilia din desde o seu partido que "aporta moita alegría e frescura ao goberno municipal, xa que ten sempre boa cara e boa actitude". Así, sosteñen que "é todo un exemplo a seguir".
Ademais, resaltan dela que é "unha traballadora incansable, sempre disposta a colaborar e moi preocupada polos seus veciños e veciñas".
Por último, explican que Emilia Fernández Seijo está plenamente convencida de que o proxecto que se iniciou no anterior mandato é o que máis se parece a Láncara.