Emilio Rúa realiza un concerto en Triacastela

Chega a música e o bo ambiente a Triacastela grazas ao cantautor ourensán Emilio Rúa, que dará un concerto para amenizar e disfrutar da tarde do sábado.
No espectáculo, que se realizará na praza da igrexa ás 19.30 horas, poderase contemplar e disfrutar dun músico que leva encima dos escenarios dende os 5 anos, cando ía coa orquestra de seu pai. Anos despois, xa ten oito discos publicados en solitario.
O concerto levarase a cabo ao aire libre e haberá que cumprir coas medidas sanitarias existentes. Unha actuación que encherá de ambiente festivo a praza de Sarria e que se poderá disfrutar na tarde do sábado.
