En funcionamento a primeira Aula Mentor da comarca de Sarria en Láncara
As persoas maiores de idade do Concello de Láncara poderán desfrutar de máis de 150 cursos online de formación con diversas temáticas. Esta iniciativa nace a través dun convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional que permite poñer en marcha a Aula Mentor.
O convenio foi firmado fai uns meses, este aula mentor, que está localizada na biblioteca da Pobra de San Xiao é a primeira destas características da Comarca de Sarria. Nas instalacións, o alumnado realizará a matrícula aos cursos e os exames presenciais, xa que a formación é de carácter online a través dunha plataforma do Ministerio de Educación. Tamén poderán facer uso dos cinco ordenadores cos que conta a biblioteca.
Entre a oferta desta aula tamén hai opcións máis específicas como a certificación Cisco, formación do profesorado e cursos abertos, este tipo de obradoiros teñen periodos de matrícula específica mentres que os demais poden realizarse durante todo o ano, excepto no mes de agosto.
Outro punto a favor deste tipo de formación é que se pode paralizar por cuestións de saúde podendo continuar coa educación máis adiante.
O alumnado contará con dúas oportunidades para superar con éxito a proba avaliativa. Para iso, ao longo do ano haberá cinco convocatorias. Estas serán nos meses de febreiro, abril, xuño, outubro e decembro.
A superación da mesma outorgará ao alumno un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación, este non é un título oficial aínda que nalgunhas convocatorias de emprego poden puntuar.
Xa está aberto o prazo de inscrición, os interesados poden realizar a matrícula ou solicitar máis información na biblioteca ou chamado ao número de teléfono 982 543 066 ou a través do correo electrónico lancara@aulamentor.es
A matrícula terá un custe de 24 euros para os cursos de 30 horas, mentres que nos que son dunha duración maior a matrícula terá un prezo de 48 euros. A recarga por un mes será de 24 euros.