Entregados os premios do concurso de fotografía matemática no IES Xograr Afonso Gómez

SarriaXa
O departamento de Matemáticas tenta espertar a afección pola fotografía e a relación entre as imaxes e os conceptos matemáticos
entrega-premios-fotografia-xograr-afonso-gomez-sarria
Entrega de premio IES Xograr Afonso Gómez
2 Xuño 2024

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acolleu o acto de entrega dos premios do V Concurso de Fotografía matemática. Este concurso, enmarcado dentro das actividades do Club de Ciencia do instituto, ten unha gran aceptación entre o alumnado.

O departamento de Matemáticas tenta espertar a afección pola fotografía e a relación entre as imaxes e os conceptos matemáticos así coma a orixinalidade e a explicación de cada traballo presentado.

Houbo catro categorías. unha para 1º e 2º da ESO, outra para 3º e 4º da ESO, outra para Bacharelato e Ciclo e este ano como novidade, houbo unha categoría para profesorado. Como en cada edición, o concurso contaba cun premio para a mellor fotografía relacionada coa natureza.

0.093261003494263