ANPA do centro Eduardo Cela Vila: “É un gran privilexio educar ós nosos fillos nun colexio rural coma este”

SarriaXa
Noelia Regueiro, presidenta da ANPA do centro Eduardo Cela Vila en Triacastela. É un privilexio educar ós nosos fillos nun colexio rural
CEIP-Eduardo-Cela-Vila-Triacastela
23 Oct 2022

Noelia Regueiro Sánchez, presidenta da ANPA do centro educativo Eduardo Cela Vila en Triacastela.

Como presidenta da ANPA, que opinión Xeral observa entre os país e nais do alumnado do centro?

A opinión que teño é positiva. Somos unha ANPA pequena, onde os país e nais coñecemos todos e sempre acollen de moi bo agrado todas as propostas que se realizan para os nenos e intentan colaborar dentro das súas posibilidades.

¿Qué obxectivos ten a Asociación de Nais e Pais de Alumnos?

Na miña opinión considero que o obxectivo fundamental da ANPA é poder participar en todo o relativo á educación dos nosos fillos. E para conseguir isto debe existir unha boa relación no só dentro da propia ANPA, senón tamén con colexio e cos docentes

Como extensión deste gran obxectivo, a ANPA debe promover actividades extraescolares, formativas, charlas, seminarios, excursións...  nas que podan intervir tanto nenos como pais.

¿Qué proxectos a corto, medio e longo prazo ten proxectados a ANPA deste centro?

A corto prazo temos programada una saída cos nenos, e coa colaboración dos docentes do centro e a Deputación de Lugo,  Ó Pais do Abeyeiro, en Negreira de Muniz.

A medio prazo temos a sorte de contar tamén cun Obradoiro de Compostaxe da man de Adega, grazas a colaboración tamén da Deputación de Lugo e o colexio por acoller dito obradorio.

Tamén contamos cunhas charlas en colaboración co Colexio de Enfermería de Lugo de Educación Afectivo- sexual na infancia, dirixidas tanto ás familias como o alumnado que se impartirán no colexio.

A longo prazo tamén vanse realizar obradorios en materia de Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero, impartidos por Creados (Centro Educativo e de necesidades Educactivas Especiais de Sarria) coa colaboración do colexio.

Hai que sinalar que o curso escolar acaba de comezar, e espero que poidamos organizar moitas actividades máis.

¿Qué actividades veñen realizando de forma sistemática?

Dispoñemos das actividades extraescolares de informática, inglés e piscina.  Coa posibilidade de poder engadir novas actividades sempre que teñamos posibilidades.

Existe boa relación e comunicación entre o colexio e a ANPA?

Existe unha moi boa relación e comunicación. Teño que puntualizar que é o meu segundo ano como presidenta da ANPA, e neste tempo houbo dous responsables distintos no centro. Pero os dous igual de colaborativos e predispostos a escoitar as nosas suxerencias e de levalas a cabo. Estamos moi contentos e agradecidos.

E dentro da ANPA, existe en Xeral unha boa colaboración da maioría de nais e país de alumnos?

Como xa comentaba antes, a nosa ANPA é pequena, onde nos coñecemos todos. E temos a sorte de ter a país e nais que están dispostos a colaborar na medida das súas posibilidades. Sempre existe unanimidade na tomar das decisión e facémolo  nun ambiente de respecto e harmonía.

Cales cre que son as principais dificultades ou carencias do colexio e como cre que poderían solucionarse?

Teño que sinalar que estou moi contenta de cos meus fillos podan estudar nun colexio destas características; un colexio rural que conta con 17 alumnos. Considero, dende a miña opinión, que temos un gran privilexio.

As carencias ou dificultades que poden encontrarse no noso centro sempre son resoltas tanto co axuda dos propio docentes coma do Concello de Triacastela, que está moi implicado tamén na educación dos nosos fillos.

Unha das carencias que podería dicir, pero que xa está prevista resolver este ano, é a creación dun parque para os nosos nenos.

Polo demais, considero que o colexio de Triacastela é unha moi boa opción para a educación dos nosos fillos.

Cre que as nais/país na actualidade están o suficientemente formados como educadores?

Creo que non; non por que non teñamos as ferramentas necesarias para poder estalo, senón porque a vida vai axiña, e os nosos fillos aínda máis. Temos que ser conscientes de que a educación é un punto clave e dedicarlle o tempo que se merece. Día a día e sen presas, e colaborar con todas aquelas persoas que nos axudan nesta labor de educar.

Defina o centro en 5 palabras

Se tivera que definir o Eduardo Cela Vila de Triacastela en 5 palabras, serían: familia, unidade, privilexio, natureza e tranquilidade.

Pta Anpa Eduardo Cela Vila Triacastela
0.15169501304626