Sarria Bikers: “É unha sorte poder realizar rutas polas estradas de Galicia, as paisaxes son inigualables”

SarriaXa
Coñece ós Sarria Bikers, un novo grupo de afeccionados ó motociclismo que realizaron o seu acto de presentación o pasado mes de outubro
sarria-bikers
9 Dec 2022

Coñece ós Sarria Bikers, un novo grupo de afeccionados ó motociclismo que realizaron o seu acto de presentación o pasado mes de outubro nas rúas da vila.

Falamos cos membros do club: Francisco Vázquez Armesto (o seu presidente), Adrián López López (o seu secretario), Iván López López, Pablo Goyanes Losada e Miguel Ángel López Díaz (vogais) e Liliana Armesto Báez (tesoureira).

Cales son as orixes dos Sarria Bikers? Cando e porque se forma a asociación e por cantos membros está constituída na actualidade?

Sarria Bikers xurdiu dun grupo de seis amigos que comparten a sua paixón polas motos. Vendo que cada vez hai máis número de motos e motoristas na nosa vila, non podemos evitar pensar na idea de organizar algo que os una a todos. Creamos un grupo de whatsapp e a xente ó decatarse del quería entrar a formar parte. E sumamos enseguida un bo número de integrantes.

Hai integrantes de tódalas zonas e idades? A paixón polas motos tédela dende pequenos ou hai alguén que leve pouco no mundillo?

Temos integrantes da comarca principalmente, aínda que algún membro é de máis lonxe, ata de Bilbao.

A nosa paixón polas motos é un sentimento que nace dende nenos e cos anos vaise agrandando. Unha vez que tes a tua primeira moto.... imaxinade!

Como son as rutas que adoitades a facer?

Depende un pouco do tempo do que dispoñamos. As fines de semana facemos rutas máis longas. Pero pola semana aínda que sexa saír a tomar un café a 30 quilómetros, facémolo. E o ter o grupo si non sae un, sae o outro, polo que saes acompañado.

A mellor ruta que lembredes ou unha que fixerades con especial cariño?

A León Xtreme Rider... Foi unha ruta dura, de 1.000 quilómetros nun día, unha experiencia que compartimos 5 amigos no mes de xuño. Realmente foi unha aventura... pasamos por estradas boas pero tamén por pistas de montaña mal asfaltadas e deterioradas. Cada un ca súa moto... algunha non era a mellor para eses camiños... Como por exemplo a R1 de Iván, pero a ilusión de rematala cada un ca súa moto era o que máis nos movía.

Acabades de estar na Bañeza, en Trives, en Manzaneda, Narón... Cales son as próximas rutas e actividades que tedes previstas?

En xaneiro viaxaremos á concentración de Motauros, en Tordesillas, por segundo ano. Gustounos moito porque hai moi bo ambiente e son catro días cheos de motos e motoristas a tope!

A parte de rutas, que outras iniciativas levades a cabo dende a asociación? Nestas rutas só poden participar os que pertenzan ó club ou tódolos interesados?

Saímos ás concentracións motoristas e eventos de motociclismo que podemos tanto con integrantes do grupo coma co resto de achegados.

Publicamos a través das redes sociais e diferentes grupos de  whatsapp todas estas iniciativas que levamos a cabo para que a xente se poida unir.

É unha asociación unicamente para motoristas ou tamén acolledes a condutores de quads por exemplo ou outro tipo de vehículos a dúas ou catro rodas?

A nosa asociación é principalmente para motoristas.

Opinades que os clubs de motoristas en Galicia teñen suficiente visibilidade?

Actualmente temos a sorte de contar cun gran número de compañeiros e compañeiras que fan eventos moi grandes e incribles. É unha sorte porque fora de Galicia as concentracións son moi diferentes. Aquí cómese xenial, temos estradas moi interesantes, paisaxes inigualables... E a festa está asegurada!

Existen moitas agrupacións a nivel lucense? Coñecemos por exemplo ós Lóstregos, ós Celtic Riders... Adoitades facer actividades conxuntas?

Intentamos colaborar con tódalas que podemos que non son poucas xa que se non poden uns membros, poden outros como dixemos. Pero non so de Lugo, senón tamén de Galicia en xeral. Iso ábrenos moito as portas a coñecer máis xente ca mesma paixón ca nós. E sobre todo a desfrutar das nosas motos en boa compañía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15003108978271