Entrevista Lucía Pérez: "Cantar comezou sendo un hobby e acabou sendo o meu traballo"

SarriaXa
Entrevista a Lucía Pérez cantante gallega proveniente de O Incio. La artista gallega acaba de estrenar su último sencillo "Na miña pel".
lucia perez10
16 Xan 2022

Lucía Pérez Vizcaíno é unha artista lucense con orixe en Goó, O Incio. Dende pequena estivo moi vinculada á música e profesionalizouse estudando maxisterio musical na Universidade de Oviedo. Posteriormente realizou estudos en Pedagoxía.

A súa traxectoria musical na televisión deu comezo no ano 2002 despois de gañar o certame da TVG Canteira de Cantareiros do programa Luar, que estaba dirixido a cantantes afeccionados. A xove permaneceu sete semanas sen que ningún dos demais participantes lograsen superala en votacións. Tras este éxito, publicou o seu primeiro álbum Amores y amores que conseguiu o certificado co Disco de ouro galego ao alcanzar unha cifra de vendas proporcional ao disco de ouro nacional.

A súa carreira continuou con gran éxito tamén nos países latinoamericanos, onde participou na edición de 2006 do Festival da Canción de Viña del Mar (en Chile) onde quedou en segunda posición da Competencia Internacional, acadando gran repercusión nos medios de comunicación deste país.

Anos despois, en febreiro do 2011, superou dúas semifinais de Destino Eurovisión e foi elixida polo público para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2011. Ata o día de hoxe, Lucía Pérez segue facendo xiras e sacando cancións, o seu proxecto máis recente é o último sinxelo Na miña pel.

Este último tema que conta coa colaboración do seu irmán Xabier Vizcaíno conta cunha imaxe innovadora e diferente a que o público está acostumado a ver, chega cun propósito de verdade, onde esconde os seus segredos. Hai moitas Lucías na pel de Lucía Pérez. Un proxecto onde a forza interpretativa da artista galega se mestura cun son orgánico e actual e unha música atmosférica que flúe e que se aferra as nosas raíces.

FALAMOS CON LUCÍA PÉREZ

Onde comezou a súa vinculación coa música?
A vinculación coa música comezou dende que teño uso de razón porque levo cantando toda a vida nacín cantando.

En realidade, comezou sendo un hobby, cantaba na casa, en concursos, karaokes, sempre co apoio dos meus pais, polo que empezou dunha forma indirecta. Un hobby que finalmente se converteu na miña profesión.

Con cantos anos decidiu que sería a súa profesión?
Non hai uns anos en concreto. Isto foi de maneira gradual e progresiva. Ese hobby vai ocupando máis tempo da túa vida e é cando te das conta de que realmente é a tua profesión. Si que é verdade que podería dicir que foi cando gravei o primeiro ou o segundo disco, pero non hai unha idade concreta que eu decida ser artista e ser cantante. Ven pouco a pouco.

"Coas redes sociais hai moita competencia e hai xente sacando cousas interesantes constantemente o que che obriga a estar á última"

É difícil adicarse a música a día de hoxe?
Como calquera outra profesión ten as súas complexidades que moita xente non coñece. Hai que traballar moito día a día non só existe o que se ve nos concertos ou tv. Hoxe en día, coas redes sociais hai moita competencia e hai xente sacando cousas interesantes constantemente o que che obriga a estar á última. Traballando día a día.

Cre que afecta en algo que a súa música sexa en galego?
A priori parece que si que o galego pode ser unha barreira pero, ao final estamos xogando con música que crea emocións e sentimentos polo que se pode chegar ao público independentemente da lingua. Cando canto unha canción en galego gusta e recibo que á xente tamén que a senten e felicítanme polo bonita que é e todo o que se pode chegar a transmitir.
Ao fin e ao cabo a música chega ou non chega. Como o caso das Tanxungueiras que están en pleno auxe na actualidade en todo o territorio español. A lingua é o noso patrimonio e é a nosa obriga apoialo. Nós sendo membros de transmisión da cultura temos que ter en conta que este é un elemento importante.

Que é o que máis desfruta da súa profesión?
De todo, a parte máis “engorrosa” é a que non se ve, a de preparación, de oficina... O que máis se desfruta é cando un sobe ao escenario e hai xente esperando para verte e aplaudirte e dis “guau” que afortunada son.

Que lle aconsellaría a unha persoa que se quere adicar a música?
Primeiro que faga as cousas que lle saen do corazón e que loite polos seus soños. A única vida que temos hai que aproveitala ao máximo e ser felices. E, se a música é o camiño para que un sexa feliz hai que xogar con todas as bazas. Facer as cousas co corazón.

Por onde se empeza para facer da música unha forma de gañarse a vida?
Empezas crendo no que fas. Eso é o primeiro, se non cres no que fas difícilmente poderás chegar á xente.

Considera que a sorte é algo esencial para chegar máis lonxe ou hai que ter impulsos externos?
A sorte é outro factor que está aí. A sorte chega cando tiveches outros elementos presentes. O de Eurovisión foi un factor de sorte despois de moitos anos que levaba traballando. Chegaba nun momento da miña vida que foi unha recompensa ao traballo feito que axuda. A sorte ven respaldada por unha bagaxe anterior.

Cal foi o momento máis satisfactorio da súa carreira?
Eurovisión, agora despois de dez anos que pasaron sempre penso que foi un dos momentos máis importantes tanto persoais, como profesionais da miña carreira. Malia que subirse a un escenario independentemente do seu tamaño sempre é gratificante.

"O maior soño é o de seguir estando aí"

Ten algún soño por cumprir?
Home por suposto, porque espero que me quede moita vida por vivir. Nese caso sempre estamos aprendendo, coñecendo á xente e ao final a vida vaiche levando por uns roteiros ou por outros e, espero que haxa moito que cumprir. O maior soño seguir estando aí.

Cal é o obxectivo de cara ao 2022?
Sobre todo a saúde da miña familia, da miña xente e a miña tamén. Pero que haxa moitos concertos, a pesar de que este ano nos fomos desquitando pouco a pouco. Que volvamos a normalidade. Que a xente desfrute como hai que desfrutar e os artistas teñamos alimento como público e concertos.

Como foi a acollida de Na miña pel?
Estamos realmente felices porque era un novo aire que precisaba facer. Está tendo moi boa acollida e comentarios moi bonitos. Son súper regalos de Nadal que estou recibindo.

As letras das súas cancións están inspiradas en experiencias propias?
A maioría das cancións non son autoría miña, sí que teño algunhas coproducións nas que teño que ver bastante. O que é a letra de “Na miña pel” foi un encargo propiamente dito xa que lle encarguei que fose desa maneira ao meu irmán Xabier Vizcaíno. Moitas cancións poden ser reflexo meu pero outras moitas non. Non todo o que canto o vivín. Sí que intento meterme na experiencia para poder transmitilo da mellor forma.

Cando poderemos escoitar o disco enteiro?
Espero que o disco enteiro estea de cara ao verán do 2022 despois do sinxelo, estamos preparando outro e argallando nel. Confiamos en que saia na primavera e, despois o disco no verán. Pero vamos ir despaciño desfrutando de todo o que poidamos facer.

Que significou participar en Eurovision?
Foi un regalo porque a pesar de que xa pasaron 10 anos e eu era moi nova, levaba o meu camiño andado e era un soño de pequena. De nena sempre vía Eurovisión coa miña nai facendo anotacións. Finalmente, estar nun escenario desa categoría, un dos maiores espectáculos musicais a nivel mundial, no que hai moi poucos artistas que poidan vivir esa experiencia, foi un soño.

Ten algún destino para actuar que sexa o seu favorito?
Non hai ningún destino favorito. Pero sempre cantarlle aos galegos que están fora son concertos máis emotivos, porque todo é máis profundo. A xente coas bágoas nos ollos emocionándose é moi bonito. Aínda que todos son especiais e bonitos.

Como é a acollida das cancións en galego nos países latinoamericanos?
Sempre é unha sorpresa porque, efectivamente, cando pensamos que o idioma é un hándicap non é así. Cantar Lela, Adiós ríos, adiós fontes é súper emocionante e, a xente encántalle escoitalo. Sempre é moi emocionante e chega igualmente. Esa é a esencia da musica.

Conta con varias colaboracións con outros artistas hai algunha que lle fixera especial ilusión?
Tiven a sorte de cantar con artistas aos que admiro da televisión como Sergio Dalma, Paloma San Basilio, Chenoa que colaborou nunha canción a dúo nun dos meus discos que captou a moita xente. O que podemos dicir é que este tipo de colaboracións son regalos que che vai dando á vida porque é xente que eu admiro. Admiro a todo artista que estea pa aguantar no tempo. Foi moi bonito cantar cancións con artistas que son un referente e admiro.

Con que artista lle gustaría colaborar nun futuro?
Podería dicir moitos pero Luz Casal. É complicado dicir porque encantaríame con moitos artistas de grupos. Con Natalia Lafourcade tamén, diría moitos.

Novos proxectos de cara ao 2022?
Agora no Nadal estiven bastante presente na TVG xa que gravei bastantes programas tanto musicais como de preguntas.

0.11997985839844