Charanga Louband: "Prodúcenos pracer poder ensinarlle ao pobo un dos moitos bens culturais"

SarriaXa
O grupo de música Louband actúa en Sarria o vindeiro domingo 27 de xuño para celebrar as festas de San Xoán.
louband-actuacion-sarria
21 Xuño 2021

O grupo de música Louband actúa un ano máis nas festas de San Xoán de Sarria, algo do que se sinten orgullosos e afortunados. Así mesmo, comezan unha nova xira que os levará por diferentes puntos de Galicia e León.

Cantos anos leva o grupo formado?

Louband formouse no ano 2017, que foi cando empezamos a ensaiar e a darlle forma a agrupación que temos a día de hoxe, pero estreámonos a principios do 2018.

Por que xurdiu a idea de crealo?

Era unha inquedanza de varios dos compoñentes que formaban parte da charanga Madialeva, e que tiñan ganas de seguir neste mundiño de festas, pero cun formato distinto. A idea dende un principio era esta mestura de charanga e banda de RockNRoll, nun formato de rúa.

É a primeira vez que tocades nas festas de San Xoán?

A Louband sempre actuou no San Xoán, dende os seus inicios, e prodúcenos moito pracer poder ensinarlle ao pobo un dos moitos bens culturais. Ao igual que calquera outra agrupación de Sarria, actuar durante estas datas, creo que trae consigo un sentimento un tanto especial.

Que significa esta actuación para vós?

Neste momento significa a volta aos escenarios, no noso caso ás rúas sobre todo, vendo unha pequena luz que esperemos que nos permita traballar sen ningún parón a partir de agora. Pode decirse que é o pistoletazo de saída cara esa normalidade tan esperada.

Ides comezar unha xira, en que sitios actuades?

Temos moitas datas por confirmar, pero podo decir que na mesma semana do San Xoán estaremos rondando pola zona da Costa da Morte e as Rías Baixas un par de días, ademais de estar presentes tamen na vila. O resto do verán, polo momento, está distribuido por todo Galicia e León.

Tedes algunha novidade nesta xira?

Temos varias novidades, unha delas presentouse fai uns días, e trátase da incorporación de Manu Doel, un novo saxofonista que nos fará as delicias ao cargo do seu saxo tenor. Tamén temos outra novidade bastante importante, pero en un principio hai que esperar ao día 23 para vela.

Que supuxo a covid para o voso grupo?

A verdade é que unha situación como esta lévate a extremos. Creo que supuxo o mesmo para nós que para calquera outra agrupación que se adique de forma profesional a este sector: incertidumbre. Non sabes se podes traballar, cando podes traballar, ás veces non sabes ben como facelo, non sabes tampouco se esa actuación que tes dentro dunha semana se vai levar a cabo… Pasamos por unha situación moi complicada, pero nós adicamos tódolos nosos esforzos en poder seguir facendo o que nos gusta, e temos a sorte de conseguilo grazas a certas circunstancias especiais desta agrupación. Estamos contentos por seguir, pero tristes por todo o que se perdeu neste camiño.

Tedes algún grupo que vos influencie na vosa música?

Temos influencias moi heteroxéneas xa que cada un de nós procede de ramas distintas da música, entón, a nivel personal podemos falar de música clásica ata heavy metal. No tocante á Louband, estamos mais centrados no rock, ska e mestizaxe, tanto nacionais como internacionais, como é o caso de La Pegatina, Ska-P, Creedence Clearwater, Tina Turner, Lamatumbá, Heredeiros da Crus ou Dubioza Kolektiv.

louband-actuacion-musica-sarria
louband-sarria
0.060241937637329