Rubén Bergantiños, da SD Paradela: "Seguimos pelexando sempre cos pés no chan pero mirando para arriba"

SarriaXa
Entrevista a Rubén Bergantiños entrenador y ex-jugador de la Sociedad Deportiva de Paradela equipo de segunda regional.
SDPARADELA-(1)
17 Xan 2022

Falamos con Rubén Bergantiños o actual adestrador e ex-xogador do SD Paradela.

Como naceu o SD Paradela?

O Paradela naceu pola década dos 80 (1981) foi cousa de José Manuel Mato o actual alcalde de Paradela e a xente da zona que estaba preocupada por facer deporte. Daquela a sociedade era un pouco distinta. A raíz dun conto de taberna xurdiu a Sociedade Deportiva Paradela.

Cantos socios ten na actualidade?

Pasa dos 300 socios, sufriu un aumento exponencial nos últimos 3 anos e quere seguir medrando.

Para que serve ser socio?

Hai varias modalidades. A xente que pon a pancarta no campo aporta 100 euros ao ano. Hai o socio familiar que serían 50 euros anuales e hai o socio normal, unitario, que serían 30 euros. Esto conleva a entrada gratuíta ao campo, o apoio ao equipo e ao final do ano celébrase unha cea de socios na cal o socio de 30 terá unha comida gratis, o de 50 euros terá dúas comidas e o de 100 euros tamén dúas.

Cantos logros ten o club?

A nivel de logros, eu mesmo como xogador estiven no que eu creo que foi o máis importante xa que é un club pequeniño pero creo que o máis importante foi o ascenso alá pola temporada 98-99 ou 99-2000 que se ascendeu a primeira rexional. Foi o ano que máis arriba estivo e a alegría foi un pouco efémero porque solo durou un ano.

"En canto ao ascenso temos que ser ambiciosos. Temos equipo para selo e estrutura para conseguilo."

Cal é o obxectivo do equipo?

Crecer e seguir crecendo. A subida foi exponencial en canto a masa social. Arranxouse o campo que é unha das envexas da provincia. É de herba natural e contamos con outro de herba artificial máis pequeno para adestrar. O obxectivo é seguir crecendo. Conseguiuse o ascenso a segunda antes da pandemia, cando chegou a pandemia xa nos truncou un pouquiño e agora aquí seguimos pelexando sempre cos pés no chan pero mirando para arriba.

Quen é o máis veterano?

Temos unha mestura de xente nova e xente veterana e a nosa intención é que sexa xente da vila. O máis veterano é o capitán Javier que leva 15 anos no club.

Como cualificaría a traxectoria do equipo durante este tempo?

Como puntos fortes destaco que nos últimos tres anos hai unha directiva forte e potente que está traballando moitísimo para ter todas as facilidades. Empeza a haber un corpo técnico máis preparado, máis amplo e mellorando tamén as instalacións. Agora xa non hai que convencer á xente para que veña a xogar en Paradela, a xente ven de moi boa gana. Como debilidades que a pesar de todo eso as instalacións seguen sendo pequenas a nivel vestiario, non temos ximnasio e faltan cousas para ser un pouco máis “elite”.

Como afectou o COVID ao equipo e aos seus xogadores?

Como campionato a división en dúas categorías fai que no noso caso non teñamos derbis. Aínda que vendo como vai a clasificación o equipo máis en forma pode que sexa o Becerreá e polo tanto, o partido clave pode que sexa ese. Vexo importante destacar que non hai un partido clave xa que si queres estar arriba tes que gañar sempre domingo tras domingo e demostrar o que queres gañar.

Momento máis gratificante do club?

Neste club poderíache dicir uns cuantos porque tiven a sorte como futbolista de estar en todos os ascensos do club. E, como adestrador, xa é o segundo en dúas etapas distintas. Na primeira xa fai 8 anos e nesta segunda etapa xa conseguimos o ascenso no ano 2019 a segunda rexional. Agora estamos pelexando por máis.

Persoalmente eu quedaríame co segundo ascenso no ano 2001-2002 que coincidimos toda a xeración da vila. Ninguén apostaba por nós e conseguimos ascender. Ese ano fora fantástico polos logros, as celebracións, éramos todos novos, da mesma idade. Recordo tres xuntanzas de celebración que foron espectaculares e marabillosas.

Que obxectivos tedes para esta tempada?

O obxectivo claro e estar o máis arriba posible. Non nos vamos a enganar queremos ascender. Non sei si será este ano, o que ven ou cando pero nese sentido temos que ser ambiciosos, temos equipo para selo e estrutura para conseguilo. Xa sabes como é isto, despois darase ou non se dará pero a idea é quedar máis arriba posible.

Que é o que define e diferencia doutros clubs?

O que nos define como club é que somos un club de vila no que todos os venres ao acabar o adestramento ceamos todos xuntos, isto asúmeo o club é dicir, cea gratis todos os venres. Pero o mellor de todo é que cada venres é nun local distinto da vila o cal axuda a xerar ambiente, fútbol, xente no noso contorno e no noso núcleo máis achegado. Sempre a finais de ano facemos un viaxiño todos xuntos con autobús, hotel, comidas, todo pagado polo club. Por iso dicía que temos unha directiva moi potente que está traballando moito para dar satisfaccións e facilidades aos xogadores. Esto é unha das cousas que fai máis fácil fichar aos xogadores agora que fai tres anos.

Como chegou a ser o adestrador do Paradela?

A título persoal levo moitos anos, diría que toda a vida ligada ao fútbol. É unha paixón e calquera que sexa coma min vai entender á perfección o que significa pasar frío, choiva ou neve para adestrar. Empecei a xogar no Paradela con 17 anos, non fixen base. Foi cando se conseguiu o ascenso a primeira rexional e despois tiven varias etapas, estiven un par de anos en Brollón, volvín ao Paradela outros 4-5 anos, despois estiven varios anos na Sarriana en Sarria e despois si que estiven en Paradela ata a miña retirada. Retireime novo do que é o fútbol tería uns 30 anos daquela pero tiña claro que quería seguir ligado a este deporte. De feito, pasei de ser futbolista a ser adestrador nese mesmo ano. Daquela non facía falta ter carne e adestraba a antiga usanza co que eu tiña na cabeza e o que eu visualizaba. Ninguén me ensinou nada pero aos que nos gusta o fútbol todos temos algo na cabeza que podemos sacar. Despois acabouse esa etapa e fichei polo Santa Comba como adestrador e aí xa me formei, saquei os carnés e cando houbo cambio de directiva fai tres tempadas no Paradela, propuxéronme volver e dixen que si sen pensalo. A quen non lle gusta estar na súa casa ca súa xente e intentar facer as cousas ben e, como adestrador estou encantado, teño todas as facilidades, como club póñenmo moi moi fácil teño un grupo de moi bos xogadores e sobre todo un grupo sanisimo de persoas que é o máis importante. Gracias a eso xa se deu o ascenso na primeira tempada que chegamos. Seguimos moi moi ilusionados por levar este nome e o escudo o máis arriba posible e non vamos ceder no empeño. Tanto eu coma os meus compañeiros estamos sempre batallando buscando ideas e cousas que nos axuden a mellorar sempre.

0.13784193992615