David Rodríguez, de Muebles Celeiro: “Temos unha ampla exposición e demanda de mobles a medida”

SarriaXa
Entrevista a David Rodríguez López atópase á fronte da empresa familiar Muebles Celeiro. “Temos unha ampla exposición", conta.
muebles-celeiro
27 sep 2021

David Rodríguez López atópase á fronte da empresa familiar Muebles Celeiro

Cando comezou a actividade de Muebles Celeiro?

A actividade de Muebles Celeiro comenza no ano 1991, Fundado por José Luis Rodríguez Celeiro e María Amparo López Pérez, é un negocio familiar que perdura no tempo.   

Onde se atopan e canto tempo levan?

Estamos en Vilapedre, na estrada vella de Sarria a Lugo, levamos 27 anos dedicados á venda de mobles.  No momento de empezar a actividade a exposición era tan só unha parte do total actual, foise ampliando conforme medraba a empresa, para ter máis exposición, na actualidade suma case que 2.000 metros cadrados.

Que se pode atopar en Muebles Celeiro?

Temos unha ampla exposión cun pouco de mobiliario para case todas as zonas da casa. Temos dormitorios, salóns, entradas, comedores, mesas e sillas de cociña, sofás, colchóns, almofadas, somieres, camas e complemetos de xeriatría, lámparas, cuadros, alfombras, decoración, percheiros... etc.

Temos moitas cousas e moi variado pois traballamos con moitos provedores diferentes. 

Cales son os puntos fortes da empresa?

Por un lado temos unha ampla exposición onde se poden ver moitos mobles, pero a maiores de todo o material da exposición ao traballar coas fabricas líderes do sector temos un gran abano de posibilidades a elexir, facemos o diseño personalizado de cada caso concreto e recomendamos o produto que mellor se adapte ás necesidades específicas de cada cliente.

Por outro lado temos un equipo de montadores propios que fan que ao cliente lle quede o moble perfectamente instalado, e solucionan calquera problema que poidese xurdir.

Como cambiaron as demandas dos clientes en 30 anos? É dicir, houbo unha evolución nas necesidades dos clientes?

Cada vez temos máis demanda de moble a medida e sobre todo artigos moi personalizados. Cada vez traballamos menos con mobles estándar, a xente quere adaptar o tamaño aos espazos reais, ou cambiar un tirador por outro que lle guste máis, etc. Ao longo do tempo fómonos especializando na venda a medida. Podemos facer non só sofás a medida, senón mesas, armarios, incluso armarios empotrados.

Como ven ao cliente, trae a idea clara ou déixase asesorar?

Temos de todo, hai xente que ten claro o quere e outra que vén a descubrir o que temos. O que nos funciona realmente ben é o deseño do espazo en 3 dimensións, con ese debuxo moita xente que xa tiña unha idea prefixada pois igual ve que non era o máis recomendado, ou prefire cambiar a distribución, para nós e para o cliente é un momento esencial, é cando podemos asesoralo e poñer en práctica a nosa experiencia. Nós coma sempre intentamos mostrar todas as posibilidades. Tamén cada vez máis intentamos xogar con mobles especiais coma por exemplo unha cama que se esconde porque non temos moito espazo nesa habitación, etc. Recomendamos que pregunten sen medo, hoxe contamos con  moitas solucións para cada espazo.

Cales son os mobles máis demandados?

A raíz da covid a xente púxose a reformar as casas, o tema de descanso foi moi solicitado, tanto novos colchóns coma butacas e sofás foron o que máis aumentou. Tamén temos que dicir, que o noso mercado aínda estaba nunha situación diferente, o sector do moble aínda arrastraba a crise anterior que tamén foi posterior a da construción, en torno o 2012/2013. Isto contribuíu, xunto a que a xente pasou máis horas na casa, a que moitos mobles xa lles tocaba o recambio. Tamén se notou que a xente fixo reformas neses espazos interiores, e despois desas reformas ou obras vén o novo mobiliario.

Tamén venden a profesionais?

Si por suposto, para nós o sector da oficina e o da hostalaría son moi importantes. A comarca de Sarria ten moitos locais de hostalaría e de aloxamento. Ao igual que a covid impulsou as vendas a particulares, as limitacións de ocupación fixeron que estes profesionais non puideran facer as inversións previstas pese ao Ano Xacobeo, esperamos que coa mellora da mobilidade, de cara a un futuro próximo si que se recupere a inversión neste mobiliario profesional. Si que nos demandaron moitas mesas de despacho e oficina para a casa, é dicir, utilizar un espazo indistintamente como oficina e, que despois ese mobiliario poda ter outros usos, estas contan con un deseño máis caseiro, non tan serio para integralo co resto do deseño do fogar.

Como afectou a covid ao sector? Notan moitos cambios?

Eu creo que afectou un pouco como afecta a toda a sociedade, dificultades para moverse, para poder traballar con normalidade, para poder recibir clientes. Houbo retrasos largos na recepcion de algunhas mercancias, pero agora mesmo o preocupante da situación e a forte inflacción que estamos experimentando, subida enorme do ferro, das espumacións, da  madeira, ata a tornillería e as ferraxes sufriron un gran aumento de precios, por non falar de combustible e electricidade. 

De onde proceden os seus clientes fundamentalmente?

Os nosos clientes abranguen toda a área galega ata Ponferrada e Asturias, pero tamen temos clientes en Madrid, Barcelona, Alicante e unha vez fomos ata Andorra.  Inda que a maioria dos nosos clientes están en Lugo, Narón, Ferrol, A Coruña, Monforte de Lemos, Ourense, Sarria, Ponferrada  por esa orde máis ou menos.    

Teñen servizo de transporte e montaxe? En que zonas cubren este servizo?

Temos servizo de transporte propio, o servizo é gratuíto para toda a zona de Galicia e un pouco máis, xa que tamén damos ese servizo ata Ponferrada e Asturias.

Cales son os plans de futuro de Muebles Celeiro?

Os nosos plans de futuro son axudar a convertir o rural nun lugar máis habitable, coa mellor comodidade, e para iso o mellor é comprar en Muebles Celeiro.

0.17661809921265