Álvaro Pereiro, fundador do Museo de Pedra do Incio: "Tiven a sorte de dar cun bon profesional que me ensinou moitas cousas"

SarriaXa
Álvaro Pereiro é o escultor que fundou o Museo de Pedra do Incio que cumpre 23 anos de actividade a pesar da pandemia.
museo-da-pedra-incio
18 Jul 2021

Álvaro Pereiro é o escultor que fundou o Museo de Pedra do Incio que cumpre 23 anos de actividade e que, a pesar da pandemia, non pechou as súas portas.

Dende cando está activo museo?

Dende o 1998 leva activo.

Por que naceu a idea?

Eu facía esculturas e, ademais, tiña algunhas pedras arqueolóxicas que, creando o museo, se legalizaban. Pareceume unha boa idea dalo a coñecer de forma gratuíta para todos os públicos xa que, ao fin e ao cabo, é un hobby.

Entón, o museo está composto polas súas esculturas, ademais dalgunha pedra arqueolóxica?

Sí, miñas hai ben delas. Outras moitas están gardadas para non recargar o ambiente.

Como foi a acollida do museo dende o seu inicio?

Sempre tivo boa acollida e, de feito, fixeronse tamén excursións. Ahora coa pandemia parou todo e é normal. O museo son 50 metros cadrados e estaba previsto para 25/20 persoas; a día de hoxe tan só poderían estar visitandoo ao mesmo tempo 5 e é por iso polo que, a pesar de que actualmente está aberto para calquera persoa que queira visitalo, é preciso pedir cita previa antes de vir. Por outro lado, na pandemia tíveno pechado con algunhas excepcións xa que houbo xente que me pediu visitalo para escribir sobre él.

Cal foi a obra que máis significou para vostede?

A verdade é que fixen moitas e non teño unha predilecta. Foron moitos escudos, escudos heráldicos, entre outras cousas. De feito, moitas veces unha obra significa máis polo material que se emprega que pola escultura en sí. Ademais depende dos gustos de cada persoa, por exemplo, unha obra que tivo a súa aceptación foi o mural sobre Sarria. Sen embargo, non podería quedarme con ningunha en concreto.

Dende cando leva no mundo da escultura?

Levo dende o ano 92. Sempre me levou idea e tiven a sorte de dar cun bon profesional que me ensinou moitas cousas. Despois, eu cotinuei coa aprendizaxe a base de ler e estudar. Dende que che ensinan unha parte despois xa te fas ti. De feito, moitas veces non é só coñecer a escultura, moitas veces é a clase de pedra por iso hai que tela sempre presente e, quizais, non tanto coa vista senón máis co oído. Cando tallas é fundamental ter o oído fino porque tan só por iso, pódese saber se a pedra pode romper. Por exemplo, cando se abre unha fenda pequena sona coma unha campá rota e, se iso ocorre, tes que cambiar e comezar a traballar por outro lado. Eu estou moi acostumado a iso porque meu pai era louseiro e fendía lousa e, de feito, cando él lousou o convento de Samos eu tiña sobre 12 anos e xa me puxo cun martelo a cortar o que se chaman os cadelos. Se o son era moi vivo a pedra non valía.

Tes actualmente algún proxecto pendente? 

Agora mesmo teño que facer uns capiteis de mármore por esta zona.

Antes falou de que os materiais eran moi importantes, ten preferencia por algún mármore en particular?

O mármore do Incio, por exemplo, é do século IV d.c. aproximadamente e sempre tivo unha importancia bastante grande polo que teño traballado moito con él. Outro co que traballo é co de Lóuzara que, a diferencia do do Incio, antes non se traballaba con él porque non había como transportalo. Sen embargo, non teño preferencia por ningún dos dous, de feito, outros cos que se traballa ben é co de Carral, cun de Almería e cun italiano, cos que se empregan outro sistema de traballo. Ademais, non sempre traballo en mármore, tamén emprego granito e pizarra e dependendo do traballo emprego un ou outro. De feito eu comecei con pizarra e, a pesar de iniciarme nese material, o mármore é moi similar.

museo-pedra-incio
museo-pedra
museo-pedra-incio-escultura

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15832996368408