Especialistas Hípica Celta representarán 'A lenda das meigas' no paseo do Malecón de Sarria

SarriaXa
O espectáculo 'A lenda das meigas' representarase esta noite de mércores, 23 de agosto, no paseo do Malecón a partir das 22.
a lenda das meigas
23 Ago 2023

O espectáculo 'A lenda das meigas' representarase esta noite de mércores, 23 de agosto, no paseo do Malecón a partir das 22.30 horas e a cargo da compañía Especialistas Hípica Celta.

Esta iniciativa, encadrada nos 'Mércores escénicos' do Concello de Sarria, é unha montaxe de acción, na que se combinan de forma maxistral as técnicas da manipulación do lume, a maxia e o misterio nun mundo tan apaixoante como o das meigas.

Todas as persoas interesadas en participar deste evento poderán facelo, xa que é de balde para todos os veciños e veciñas aos que lles guste a danza, os malabarismos, o lume, o humor e o contacto directo co público.

0.11766910552979