Este domingo terá lugar a primeira edición do Rally de Regularidad Vila de Sarria
SarriaXa
Este domingo terá lugar a primeira edición do Rally de Regularidad Vila de Sarria que traerá novidades e varios equipos
26 Apr 2023
Este domingo 30 de abril será a primeira edición do Rally de Regularidad Vila de Sarria 2023, organizado polo Club Clásicos Sarria, e as persoas interesadas en participar teñen como máximo ata as 23.59 do día de hoxe para inscribirse, xa que quedan menos de cinco prazas.
Durante esta iniciativa haberá control localización GPS, contará con tramos de mañá e tarde, incluirá almorzo, café de media mañá e comida e haberá recordos para todos os participantes e entrega de trofeos.
Nesta edición participarán sete coches do equipo Regularidad Rallys Clasicos Condado Paradanta e dous equipos de Arenteiros Clásicos: Óscar Otero-Jorge González con Seat 124 FL e José Manuel Otero-Alberto Ogando con VW Golf Gti.
Ademais, esta fin de semana terá lugar tamén a XXVI Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria e a presentación da II Edición do Festival Sarria Blues no Camiño.