Esta fin de semana, continúan os festexos da Noite Meiga en Sarria

SarriaXa
Esta fin de semana, continúan os festexos da Noite Meiga de Sarria na súa edición número 50, con espectáculos, música e actuacións
noite meiga sarria portada
26 Ago 2022

Un ano máis, Sarria convértese no escenario perfecto para unha morea de espectáculos, música e actuacións de rúa que farán as delicias de tódolos públicos.

A Noite Meiga de Sarria, cumpre este ano medio século baixo a organización da directiva da Asociación cultural Meigas e Trasgos.

O programa para esta fin de semana é o seguinte:

SÁBADO 27

17.30 a 19.00 horas - Pasaruas dende O Boulevard ata o parque do Chanto de A.C. Peleriños, A.C. Troula do Ortegal, Meigas e Trasgo

19.20 a 20.00 horas - Recibimento das autoridades

20.00 a 20.45 horas - Pregón

21.00 a 21.45 horas - Actuación Meigas e Trasgos

22.00 a 00.00 horas - Céa Noite Meiga e remate coa Queimada

01.00 horas - Danza da Noite Meiga

01.30 horas - Louband Street

DOMINGO 28

13.00 a 14.30 horas - Sesión Vermu e Dj Sorpresa

14.30 a 16.30 horas - Festa da Empanada

17.00 horas - Actuación Infantil da man de “Cé Orquesta Pantasma”

ORIXES

A Noite Meiga celébrase na noite do último sábado de agosto, na sede do Centro Cultural Meigas e Trasgos, no Parque do Chanto. Esta celebración naceu en 1971 e baséase nunha lenda que recolle a triste historia de amor entre un mozo e unha meiga. O mozo ingresa nun seminario como castigo por namorarse dun ser máxico e a meiga vai ao monte onde chora e chora, asta que as súas lágrimas forman o río Sarria. Pasada a media noite realízase a Danza da Noite Meiga, na que as Meigas e os Trasgos danzan con fachos arredor dunha fogueira para protexerse dos malos augurios mentres se canta un conxuro para evitar os males e que a boa sorte acompañe durante todo o año. E para repoñer forzas, o domingo celébrase a Empana Jam, unha Festa da empanada en toda regra.

programa noite meiga
0.17105603218079