Esta fin de semana Sarria acolle a segunda edición da carreira Ecocamiño Sarria- Monte do Gozo

SarriaXa
Esta fin de semana Sarria acolle a segunda edición da carreira Ecocamiño Sarria- Monte do Gozo cun total de 109,4 quilómetros
andaina sarria2
21 Oct 2022

A carreira Ecocamiño Sarria- Monte do Gozo chega esta fin de semana á vila de Sarria, os días 22 e 23 de outubro de 2022, organizada polo Club Deportivo UTMC (unha entidade sen ánimo de lucro con sede social en Culleredo, A Coruña).

Ecocamiño é unha proba trail, inscrita no calendario oficial RFEA, con dúas modalidades: unha de 109,4 quilómetros e outra con 48,1 quilómetros que se deben percorrer nun tempo inferior a 26 e 23 horas respectivamente.

A carreira abranguerá dende o sábado 22 de outubro ás 08.00 horas ata as 10.00 horas do domingo día 23 de outubro para os participantes que percorran os 109,4 quilómetros, e dende as 11.00 horas do sábado e ata as 10.00 do domingo para aqueles que se decanten polos 48,1.

A saída terá lugar o sábado ás 08.00 horas da rúa Maior, xusto diante do Concello e na andaina os participantes pasarán por Mirallos (Paradela), Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino para chegar ao Monte do Gozo.

andaina sarria
0.15332198143005