Esta fin de semana son as grandes festas en Santamariña de Lóuzara, en Samos

Mañá, 14 de xullo, comezan as grandes festas en Santamariña de Lóuzara, en Samos, na honra á Virxe de Santa Mariña e que incluirán diferentes actividades para o desfrute de todos os públicos.
Así, durará dous días, venres e sábado; e o venres comezará a festa cunha gran churrascada popular ás 22.00 horas amenizada polo dj Cendoi, que acudirá a esta cita para ofrecer os mellores temas musicais para os veciños e veciñas.
No caso do sábado, a xornada comezará coa misa solemne ás 14.00 horas seguida da sesión vermú amenizada polo Dúo Tropical. Despois terá lugar a comida popular e a partir das 20.00 horas volverá a festa e verbena co Dúo Tropical de novo, que tamén actuará ás 23.00 horas, xunto co dj Cendoi.
