Esta fin de semana terá lugar a XIII Ruta de Tapas de Samos
SarriaXa
Desta maneira, todas as persoas interesadas en desfrutar dunha fin de semana de degustación de tapas, poderán facelo no municipio samanense
25 Out 2024
A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos organiza a XIII Ruta de Tapas de Samos os vindeiros 26 e 27 de outubro.
Os establecementos participantes deste evento gastronómico serán o restaurante Albaroque, o Hotel-Restaurante A Veiga, o Tras do Convento Bar-restaurante e o Mesón Pontenova.
Desta maneira, todas as persoas interesadas en desfrutar dunha fin de semana de degustación de tapas, poderán facelo achegándose ao municipio de Samos.