Esta madrugada do domingo entrarase no horario de verán

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase nesta madrugada do domingo 26, cando os reloxos deberán adiantarase unha hora.
cambio horario veran reloxo portada
25 Mar 2023

O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase nesta madrugada do domingo 26, cando os reloxos deberán adiantarse unha hora.

Cando as agullas do reloxo marquen as dúas da madrugada, teranse que avanzar ata as tres. A modificación horaria aplícase en todos os países da Unión Europea para intentar axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

A consecuencia máis inmediata do cambio de hora é que amencerá e anoitecerá unha hora despois, polo que dispoñerase de máis tempo de luz solar polas tardes. Iso adoita beneficiar aos negocios de lecer como a restauración, xa que a xente tende a alongar os paseos e a regresar a casa máis tarde.

O cambio de hora do 26 de marzo de 2023 non será o último. Están previstos tamén o 31 de marzo de 2024, o 30 de marzo de 2025 e o 29 de marzo de 2026.

O horario de verán rematará o 29 de outubro de 2023.

cambio horario veran

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16352295875549