Esta noite Sarria acolle a Gran Gala Final na Praza da Vila presentada por Roberto Lolo
Hoxe é o último día do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria 'Maxia no Camiño' despois de tres días seguidos cheos de moita maxia en todos os rincóns da vila.
Así, o día comezará ás 12.15 horas coa maxia no camiño na Praza de Santa Marina co mago Raúl Camaguey e seguirá cunha sesión vermú ás 13.15 horas con maxia preto polas terrazas do Malecón da man de Samuel Moreno, Magaldara, Golden Magic, El gran Na e Magic Mateo.
Xa pola tarde terá lugar a Gala Infantil #Todopolasonrisadunneno no Meigallo da man de Pollo, Román García, Judith Trillirí, Samuel Moreno e o Mago Joel de Cuba.
Por último, a Gran Gala Final na Praza da Vila celebrarase ás 22.30 horas, presentada por Roberto Lolo e na que participarán Yao Xinge, Mago Iago, Raúl Camaguey, Samuel Pons, Mágica Estella, Edu el Mago e Nuel Galán; poñendo fin a catro días de maxia.