Esta tarde celébrase o Concerto de Nadal do Concello de Sarria da man dos grupos da Escola de Música

SarriaXa
As Agrupacións da Escola de Música de Sarria, Os Petapouco, A Minibanda e Clarisaxos, actuarán esta tarde, ás 19.
Escola de musica Sarria
20 Dec 2023

As Agrupacións da Escola de Música de Sarria, Os Petapouco, A Minibanda e Clarisaxos, actuarán esta tarde, ás 19.30 horas, no Concerto de Nadal do Concello.

A Casa da Cultura será o lugar de celebración, onde as bandas levarán unha composición musical con tons de Nadal para que todas as persoas que queiran participar poidan desfrutar da música sarriá de forma gratuíta e aberta.

Así, estas tres bandas que actuarán porán a proba os seus coñecementos e traballo durante os anos nos que os profesores Manuel Montero (profesor de clarinete e saxofón) e José Luis García (profesor de percusión) instruíron a estes alumnos.

https://galiciaxa.com/2023/12/sxa/sec-sxa/cul-sxa/238587/

Concerto de Nadal Sarria
0.082277059555054