Esta tarde preséntase o libro 'Me Comparo Contigo', de Carmen Malvi

SarriaXa
'Me Comparo Contigo' é un ensaio que ofrece unha visión profunda e transformadora sobre a comparación
libro-sarria
30 Mar 2025

Esta tarde de domingo, 30 de marzo ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Sarria acollerá a presentación do libro Me Comparo Contigo, de Carmen Malvi, CEO de CERCI (Centro de Escolas de Resolución de Conflitos), con sede en A Rúa.

Me Comparo Contigo é un ensaio que ofrece unha visión profunda e transformadora sobre a comparación, apoiada na metodoloxía cuántica do Mapa de Activación de Alas. A través dun enfoque accesible e enriquecedor, a autora comparte a súa propia historia, que vai desde a súa infancia nun internado de monxas ata a canalización e comprensión desta innovadora ferramenta de desenvolvemento persoal, converténdoa nunha perspectiva práctica aplicable a calquera persoa.

Durante o evento, Carmen Malvi estará acompañada polas socias de CERCI, quen compartirán unha charla divulgativa sobre a metodoloxía e os beneficios que esta pode aportar á vida cotiá.

⚙ Configurar cookies
0.31908202171326