Este 28 de marzo xuntáronse tres actividades importantes para Triacastela
SarriaXa
Este 28 de marzo xuntáronse tres actividades importantes para Triacastela, a Furgoteca, un obradoiro e a feira
29 Mar 2023
Triacastela acolleu este 28 de marzo a visita da Furgoteca, que encheu de libros a pequenos e maiores.
Ademais, coincidiu coa celebración da primeira Feira de primavera en Triacastela, que acolleu mercado local e artesanía, como todos os meses.
Como terceira actividade a destacar do día, tivo lugar tamén o obradoiro de remate de xoguetes de madeira para público adulto e infantil que impartiu Artesanía Silvent.¡ e organizou Artesanía Galicia na Fonte do Lunar.
Todas estas iniciativas, como sosteñen desde o goberno local, son un impulso para o rural.