Este domingo celébrase a Festa dos Avós do Concello de Paradela

SarriaXa
O vindeiro 8 de outubro Paradela celebra a súa XXVIII Festa dos Avós do Concello de Paradela no Mercado de Paradela, un ano máis, co fin de dedicar un día ao colectivo da terceira idade como recoñecemento do seu importante papel na sociedade.
Festa dos avos Paradela 2022
5 Out 2023

O vindeiro 8 de outubro Paradela celebra a súa XXVIII Festa dos Avós do Concello de Paradela no Mercado de Paradela, un ano máis, co fin de dedicar un día ao colectivo da terceira idade como recoñecemento do seu importante papel na sociedade.

Así, a festa comezará ás 13.3o horas coa recepción de autoridades e invitados, seguido da actuación musical ás 13.00 e a misa solemne ás 13.30 horas. Despois, será a quenda da comida popular, na que se compartirán experiencias e vivencias.

Xa pola tarde, haberá un sorteo de agasallos ás 17.00 horas e ás 17.30 horas volverá a actuación musical, que se estenderá durante toda a tarde, para os veciños e veciñas participantes desfruten dun tempo divertido bailando xuntos.

0.078350067138672