Este domingo desenvolverase a carreira Xacorun para percorrer unha parte do Camiño Francés

LugoXa | SarriaXa
Este domingo, 3 de marzo, desenvolverase unha nova edición da carreira do Camiño de Santiago, a través do Camiño Francés, do Xacorun, que pasará polos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín.
27 Feb 2024

Este domingo, 3 de marzo, desenvolverase unha nova edición da carreira do Camiño de Santiago, a través do Camiño Francés, do Xacorun, que pasará polos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín.

As persoas interesadas en participar poderán apuntarse as distintas modalidades ofertadas, que son unha carreira de 23 quilómetros, que irá desde o Concello de Sarria ata Portomarín; outra de 10 quilómetros, que irá desde Mirallos, en Paradela, ata Portomarín; e unha de relevos.

A de 23 km e a de relevos comezará ás 9.30 e o trail curto de 10 km farao a partir das 10.30 horas, aínda que todas elas percorrerán un camiño natural e paisaxístico envexable.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16105604171753