Este sábado a praia fluvial da Pobra de San Xiao acolle unha festa acuática para a mocidade lancaresa
SarriaXa
A área de Cultura do Concello de Láncara organiza para este sábado, 26 de agosto, unha festa acuática para todos os nenos e nenas de entre 3 e 16 anos do Concello, concretamente na Praia fluvial Pobra de San Xiao.
23 Aug 2023

Esta iniciativa, que terá lugar entre as 17.00 e as 20.00 horas, é de balde para todas as persoas que queiran participar, xa que, a pesar de estar destinada a nenos e nenas, tamén poderán acompañalos familiares e demais veciños da vila, que poderán meterse na auga ao redor dos inchables.
Ademais destas colchonetas flotantes, tamén haberá kaiaks, tobogáns, rocódromos e demais actividades para que a mocidade lancaresa desfrute dunha das últimas xornadas festivas do verán.