Este sábado celebrarase a asemblea constituínte do Obradoiro Benito Jerónimo Feijoo de Samos

SarriaXa
Definido como 'protector e voluntario', o obradoiro ten o obxectivo de contribuír á promoción cultural e económica do municipio
Feira-da-Artesanía-Samos-2
23 sep 2024

Este sábado, 28 de setembro, terá lugar a asemblea constituínte do obradoiro Obradoiro Benito Jerónimo Feijoo, creado pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos.

Definido como 'protector e voluntario', o obradoiro ten o obxectivo de contribuír á promoción cultural e económica do municipio e, baixo o nome do frade beneditino que residiu no mosteiro samanense considerado como o principal ensaísta español da época da Ilustración, celebrarase un día despois do aniversario do falecemento do frade.

Así, terá lugar ás 12.30 horas na biblioteca municipal, onde poderán achegarse as persoas interesadas para coñecer cales son os valores e iniciativas que fomentará o obradoiro, baseadas en impulsar e promocionar a Feira de Artesanía, promover poñer en valor o municipio con xornadas culturais e históricas, editaranse libros e outras actividades coas que fomentar a curiosidade intelectual, cívica e profesional; e divulgar a obra de figuras representativas da cultura de Samos.

A entidade estará formada por directivos da Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos e por outras persoas achegadas que colaboran coa Feira de Artesanía de Samos ou xente vinculada ao concello e á comarca de Sarria.

0.17900800704956