Este sábado celébrase a VI Carreira da Muller de Sarria que se aprazara por mal tempo en marzo

SarriaXa
Este sábado celébrase a VI Carreira da Muller de Sarria que se aprazara por mal tempo en marzo e agora vai ter lugar
Carreira da Muller Sarria
19 Apr 2023

Este 22 de abril terá lugar a sexta edición da Carreira da Muller ‘Vivas e iguais’, que se ía disputar o pasad 11 de marzo pero que por mor das chuvias tivo que adiarse.

Así, a partir das 18.00 horas, as corredoras apuntadas da modalidade de cinco km e, a partir das 18.10 horas, as apuntadas para a andaina, percorrerán a vila de Sarria.

A proba absoluta correrase sobre un circuíto de asfalto e sendeiros de area de cinco quilómetros de lonxitude, mesturando zona urbana e natureza, e sen moito desnivel.

A saída situarase no bulevar da rúa da Liberdade, á altura de Catro Camiños en dirección a Samos, para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e, no cuartel da Garda Civil, seguir cara a Ponte das Aceas, para logo volver pola zona do campo de fútbol ata a estrada de Monforte.

Desde alí, volverase de novo á rúa Castelao, seguirase cara ao pavillón, a piscina e cruzarase a zona do Hotel Alfonso IX ata atopar a meta no Malecón.

En canto ás categorías e premios previstos, na modalidade de 5 quilómetros recibirán un trofeo as tres primeiras clasificadas feminino e masculino dos seguintes grupos: Júnior (12 a 15 anos), Promesa (16 a 19 anos), Sénior (20 a 34 anos), Máster 1 (35 a 44 anos), Máster 2 (45 a 54 anos), Máster 3 (55 a 64 anos) e Máster 4 (de 65 anos en adiante).

Carreira da Muller Sarria
0.15755605697632