A XI Ruta 4x4 da Comarca de Sarria celebrarase do 17 ao 19 de novembro
O venres 17 comeza a décimo primeira edición da Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, que se celebrará ata o vindeiro domingo 19. O programa inaugurase ás 21.00 horas cuns pinchos de benvida na terraza O Meigallo. Ás 22.00 horas será a saída nocturna polos arredores da vila.
O programa do sábado comeza ás 8.00 horas coa entrega da documentación na terraza O Meigallo. A ruta será a partir das 8.30 horas, pois os asistentes poderán gozar do xantar no pabillón de Triacastela a partir das 14.00 horas. Ás 19.00 horas darase por terminada a ruta e ás 21.30 terá lugar a cea de gala no restaurante Cinza e Lume.
O domingo 19 terá lugar un almorzo no polígono do Morelle ás 9.00 horas, media hora despois Terán lugar as probas de habilidade. O xantar será de novo na terraza O Meigallo ás 15.00 horas. A partir das 16.30 horas comezará a entrega dos trofeos.
Os interesados na cita, que conta coa colaboración do Concello, teñen que realizar a súa inscrición a través da web. Os vehículos admitidos son todoterreos, quads, buggies e motos que teñan a documentación en regra.