Este venres e sábado desenvolverase a X edición do Outlet de Verán do comercio sarriao
O Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES pon en marcha unha nova iniciativa, neste caso será a X edición do Outlet de Verán do comercio sarriao, que se desenvolverá este venres, 23 de agosto, e o sábado, 24 de agosto.
Durante eses dous días, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos co obxecto de dar saída aos stocks de anos anteriores e o produto excedente da tempada de verán.
Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar... unha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un prezo ideal. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa.
Esta décima edición conta coa participación de 27 establecementos, que son os seguintes: Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carpe Diem, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Isabel Moda, Joyería Díaz, Juguetería 123 Escondite Inglés, Lar De Menchu, Latas Pinturas Y Hogar, Los Sueños De Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.
Todos eles contarán cunha zona 'Outlet', onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo. Un distintivo xigante nos escaparates identificará a preto da trintena de comercios participantes, os cales abrirán as súas portas no seu horario habitual de apertura.
"Unha actividade máis coa que poñemos na rúa unha proposta para fomentar o mercado local e á que convidamos a participar, connosco, a todo o público de Sarria", conclúen desde ACES.