A previsión metereolóxica obriga a cancelar a II Carreira Contra a Leucemia Infantil pero seguen as demais actividades

SarriaXa
A previsión metereolóxica obriga aos membros da Anpa do Frei Luis de Granada a cancelar a segunda Carreira Contra a Leucemia Infantil que ía ter lugar esta tarde ás 17.
Carreria contra a leucemia Frei Luis de Granada Sarria
20 Out 2023

A previsión metereolóxica obriga aos membros da Anpa do Frei Luis de Granada a cancelar a segunda Carreira Contra a Leucemia Infantil que ía ter lugar esta tarde ás 17.30 horas. Porén, dixeron que terá lugar noutra data e que se realizará a donación igualmente á Fundación Contra a Leucemia Infantil.

Por outra parte, a pesar de cancelarse a carreira, as actividades desenvolveranse igualmente no centro educativo, comezando pola proxección do planetario  'Navegando polo universo', de cinco metros de diámetro para recrear con total precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da Terra nunha bóveda, entre as 17.30 e as 18.20 horas.

E, a partir desa hora, terá lugar unha merenda en familia e, despois volverá Íñigo de la Quadra-Salcedo co seu planetario, entre as 18.45 e as 19:35, rematando cunha charla astronómica de 50 minutos de duración.

Esta será unha das iniciativas que caracterizarán o primeiro día de festa de benvida deste curso para os nenos e nenas do colexio e as súas familias, formen ou non parte da asociación.

Carreira contra a leucemia Sarria
0.17641687393188