Estefanía Padullés presentará o seu libro 'O reino de Libeliño' no Ceip de Paradela
A paradelense de acollemento Estefanía Padullés, que leva 11 anos afincada en Paradela, presentará o seu novo libro ‘O reino de Libeliño’.
A presentación desenvolverase o vindeiro martes, 23 de abril, a partir das 12.30 horas no CEIP Plurilingüe de Paradela, como fixo coa súa obra ‘A pantasma do castelo’.
A autora recibirá a todas as persoas interesadas en coñecer o seu libro, ademais do alumnado do colexio, e estará acompañada da editora, Laura Rodríguez, e a alcaldesa do municipio, Montserrat Mulet.
Esta iniciativa cultural, promovida por Concello de Paradela y a editorial Hércules de Ediciones, presentará unha viaxe literaria que trasladará ás persoas asistentes á infancia, onde se achegará un mundo de fantasía e aventura.
Desde a editorial sosteñen que nesta terra de marabillas, “os pequenos lectores aprenden sobre o valor da coraxe, a sabedoría e a importancia da inclusión e a paz, temas reflectidos con delicadeza e humor nas aventuras da princesa Ciruelia e os seus amigos”.