Estíbaliz Veiga actúa no Páramo con 'Golpes'
SarriaXa
Estíbaliz Veiga actúa no Páramo con 'Golpes', unha representación teatral de Xosé Leis contra a violencia machista
16 Dec 2022
O Páramo acolle unha obra de teatro con Estíbaliz Veiga sobre violencia machista.
A representación do espectáculo, chamada 'Golpes', terá lugar ás 17.00 horas no Concello.
A dirección da obra foi a cargo de Xosé Leis e a produción a cargo de Beni Martínez.
Este evento é unha iniciativa máis para poñer de manifesto a importancia do feminismo crecente que quere paliar a desigualdade entre homes e mulleres e protestar contra a violencia machista.