Estraxiz e Sivil prepáranse para celebrar as festas na honra a Santiago Apóstolo

SarriaXa
Do 24 ao 26 de xullo, a parroquia de Samos encherase de música, tradición e gastronomía popular con actuacións de Supercombo, Los Key e D'Cache
fogos-artificiais-festas-patronais
24 Jul 2025

A parroquia de Estraxiz e Sivil, no Concello de Samos, celebrará as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025, cun programa cheo de música, gastronomía e tradición relixiosa.

A xornada do xoves 24 arrancará co sabor dunha boa pancetada e queimada, seguida da actuación musical do Dúo Supercombo, que animará a noite cun repertorio festivo.

O venres 25, Día do Apóstolo, celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha procesión polas rúas da parroquia. A continuación, terá lugar a popular sesión vermú coa Orquestra Los Key, que tamén será a encargada de amenizar a sesión de tarde e noite cunha actuación chea de ritmo e espectáculo.

As festas pecharanse o sábado 26 cunha verbena a cargo do Dúo D'Cache, que porá o broche final a tres días de celebración, encontros veciñais e alegría.

⚙ Configurar cookies
0.14686417579651