Estúdanse alternativas para a rehabilitación da Ponte Ribeira

SarriaXa
Carlos Rosón, de la empresa ADIU, elaborará el estudio de las diferentes alternativas para a rehabilitación de Ponte Ribeira.
jose antonio quiroga ponte ribeira
25 May 2021

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, desprazouse ao concello de Sarria para informar ao alcalde, Claudio Garrido, da contratación do arquitecto Carlos Rosón, do estudo Adiu, para a posta en valor e conservación de Ponte Ribeira.

A través deste encargo estudaranse as distintas alternativas para rehabilitar a parte alterada dos piares da ponte, co interese de deixar á vista a fábrica  orixinal desta histórica ponte Medieval.

“Cabe destacar que Ponte Ribeira forma parte das 10 pontes francas que nos atopamos no Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago, e do arraigamento dos sarriáns e dos galegos en xeral, dende hai séculos, ao tránsito de peregrinos pola nosa xeografía ata completar o Camiño” explicou o presidente.

“Desde a CHMS somos sensibles e conscientes do patrimonio cultural asociado ao mundo da auga tan importante no país dos mil ríos e consideramos  fundamental manter as vías de paso orixinais sen obviar a normativa de augas” matizou Quiroga.

“Estamos ante o paso previo á redacción do proxecto definitivo, que sairá da elección dunha das alternativas propostas, que será executado a finais de ano”, concluíu o presidente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.053214073181152