Eu merco en Sarria, e ti?, a nova campaña da ACES para promocionar o comercio local

SarriaXa
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU vén de poñer en marcha unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos nosos clientes.
eu merco en Sarria, e ti
26 sep 2023

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU vén de poñer en marcha unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos nosos clientes.

En colaboración coa Xunta de Galicia, ¡Eu merco en sarria, e ti?! desenvolverase ata o vindeiro 15 de outubro e a súa finalidade é que todos aqueles que realicen compras por importe igual ou superior a 25 euros nos establecementos asociados consigan un regalo promocional, unha bolsa de tela, tipo “tote” serigrafiada e exclusiva da campaña.

Ademais, poderase escoller entre dúas bolsas con distinta serigrafía que terán que recoller nas oficinas do CCU de Sarria – ACES pero cun máximo de tres bolsas por persoa. En total, entregaránse unhas 600 bolsas e ata agotar as existencias.

0.20218801498413