Éxito de participación na III Ruta Enduro Triacastela pese ao mal tempo

Esta fin de semana celebrouse a III Ruta Enduro Triacastela, unha cita que reuniu a 262 participantes que percorreron as fermosas paisaxes da Serra do Oribio, atravesando os concellos de Triacastela, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel.
A pesar das condicións meteorolóxicas adversas, o evento foi valorado como un rotundo éxito por parte dos organizadores, o club Team Zennon. “Tendo en conta o mal tempo que tivemos, estamos moi satisfeitos co resultado”, afirmou Manuel, presidente do club, quen ademais confirmou que a ruta terá continuidade: “Repetiremos para o ano, porque cremos que paga a pena, e ese día tamén se lle dá vida a Triacastela”.
A cita consolídase así como un referente do enduro en Galicia, combinando deporte, natureza e dinamización local nun entorno de gran valor paisaxístico.