Éxito na XXXIV Feira de Ano San Isidro con gando, música e apoio ao sector agrogandeiro

SarriaXa
María José Gómez achegouse a Paradela, onde sinalou a importante aposta levada a cabo polo Goberno autonómico para impulsar o sector agrogandeiro
Feira-San-Isidro-Paradela-2025
19 May 2025

A XXXIV edición da Feira de Ano San Isidro de Paradela congregou a centos de persoas que se achegaron a desfrutar da Feira de Maquinaria Agrícola e da Feira de Artesanía.

Ademais, houbo gran cantidade de animais, promovendo así unha exposición gandeira, na que se puideron ver exemplares de distintas especies.

A música tampouco faltou, estando presente a Charanga de Paradela pola mañá e a Banda de Música de Paradela pola tarde, acompañando ao desfile de carros, gando e cabalos do país. Ademais, á noite actuaron Los Satélites.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, achegouse a Paradela, onde sinalou a importante aposta levada a cabo polo Goberno autonómico para impulsar o sector agrogandeiro galego, como os plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores.

Tamén destacou tamén as achegas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que este ano conta cun orzamento de 2,64 millóns de euros. Esta liña está destinada a cooperativas agrarias e sociedades de transformación e teñen unha repercusión moi positiva á hora de reducir os seus custes de produción.

O obxectivo é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo e fomentar a produción de novas tecnoloxías no seu emprego.

⚙ Configurar cookies
0.13965082168579