Éxito no primeiro día do Ultreia et Suseia e expectación para as seguintes actividades

SarriaXa
As actividades volven ás 12.00 horas no Parque do Chanto con narración infantil a cargo de Bea Campos e os primeiros Contos Sonoros
Ultreia-et-Suseia-2024
16 Jul 2024

Sarria encheuse durante o primeiro día do Ultreia Et Suseia, que comezou a súa programación coa primeira Camiñografía, o paseo teatralizado que pon en valor o patrimonio material e inmaterial da localidade e que contou con Silvia Mondelo, os influencers Pepe y Lucas e a Asociación Cultural Meigas e Trasgos.

Pola súa parte, durante o día de hoxe, as actividades volven ás 12.00 horas no Parque do Chanto con narración infantil a cargo de Bea Campos e os primeiros Contos Sonoros, un formato novo do festival que xunta nacción con música, e no que participarán Carmen Conde e a Banda Comarcal de Sarria no Paseo do Malecón ás 20.30 horas.

 

0.16164398193359