Éxito total do III Encontro Sound System no Encoro de Vilasouto do Incio

SarriaXa
O Festival Tremeterra consolídase como a cita da música reggae e dub en Galicia, sendo o seu punto central o municipio do Incio
charla-Tremeterra-Fest
2 sep 2024

O encoro de Vilasouto do Incio acolleu durante dous días o III Encontro Sound System, o Festival Tremeterra, que acolleu decenas de persoas que se achegaron a desfrutar da música reggae e dub.

Así, baixo a música de grupos e artistas como Wedding Dub, Higher Meditation, Nia Songbird, Mr Zebre, Baboon Prophecy, High Paw, Chapamama e Dub Mono Hi-Fi, Radikal Guru, Wandem Soundsystem & Hornsmen Section, Torok, Ginette Prod, Lewis Bennet, High Nebra, Le Faune Stepper, Amandub, Ital Roots e Lasai; as persoas que se achegaron non tiveron nin un momento sen música.

Ademais, durante a fin de semana tamén se puido facer exercicio a través dun taller de iniciación ao ioga; e se puido debater, coa iniciativa dunha mesa aberta sobre a cultura soundsystem e un obradoiro que versou sobre a igualdade nos festivais, que vai estar impartido por Inés Cebreiro, educadora especialidade en igualdade.

0.083882093429565