Familias do CPI Ramón Piñeiro denuncian a situación dunha nena con necesidades especiais

SarriaXa
A nena promociona agora a 1º de Primaria e a familia reclama o apoio especializado necesario para traballar individualmente e de maneira personalizada
CPI-Ramón-Piñeiro-Láncara
22 Xul 2024

Desde a Anpa do CPI Ramón Piñeiro de Láncara denuncian que desde o centro educativo non se solicitaron os recursos necesarios “aos que ten dereito unha nena en educación especial”. Fan este comunicado conxuntamente con dúas representantes de nais e pais, a nai da nena con necesidades especiais e coa Federación de Anpas da provincia de Lugo (Fapacel).

Así, explican que o orientador do centro de Láncara, xunto co director, deben solicitar os recursos necesarios para atender a todos os nenos e nenas, pero o centro non fixo o seu e agora a nena queda sen docente preferente ao que ten dereito.

Ademais, explican que a nai da nena tivo que pedir oficialmente os apoios necesarios para a súa filla a principios de xuño coa intención de que poida comezar o primeiro curso de primaria “con todas as garantías”.

Así, desde a Anpa sosteñen que “o orientador e o director puxeron todos os obstáculos posibles para que a familia canse e leve á súa filla a outro centro, argumentando que noutro centro está mellor, reducíronlle o horario, non tivo acceso a comedor escolar ata xaneiro deste ano 2024, custionouse que teña dereito a transporte escolar de voltar e intentouse negarlle o dereito ás excursións escolares.

Con todo, din, “fan con esta nena todo o contrario do que precisa: educación integral no centro, sen illala, e con todas as garantías para a mellor evolución posible das súas capacidades, a nivel académico e persoal. A nena promociona agora a 1º de Primaria e a familia reclama o apoio especializado necesario para traballar individualmente e de maneira personalizada dentro e fóra da aula, segundo as súas necesidades no novo curso que comeza”, conclúen.

0.18036699295044