Fátima García dará unha charla aberta ao público no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

SarriaXa
Fátima García dará unha charla aberta ao público no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria o vindeiro luns, 22 de maio
Ler con Ciencia Xograr de Sarria
21 Maio 2023

A biblioteca escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria coordina un encontro aberto a todo o público coa mestra e divulgadora de educación, Fátima García Doval, baixo o nome de 'Ler conCiencia'.

O acto, que terá lugar o próximo luns 22 de maio ás 16.30 horas, ten coma obxectivo achegar a comunidade educativa ao propio proceso educativo do alumnado, buscando a colaboración e a participación das familias na vida escolar do centro.

Para este acto contarase coa presencia de Fátima García Doval, que impartirá unha charla-coloquio arredor da relación da lectura e a neurociencia xunto coa propia psicoloxía.

O contido da súa charla está enfocado a expoñer e explicar como estimular o hábito da lectura en calquera persoa a través das nocións da neurociencia e tamén a cuestionar mitos e prexuízos arredor da lectura.

O acto encádrase no programa da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia “Lectura e Familias” e a poñente é unha experta acreditada no eido da innovación educativa e a accesibilidade educativa dos colectivos con dificultades de aprendizaxe.

Ler con Ciencia Xograr de Sarria
0.13898205757141