Félix Seijas e Claudio Garrido recibiron ao novo xefe provincial de tráfico en Sarria
SarriaXa
O concelleiro de Seguridade e Emerxencias de Sarria, Félix Seijas, e o alcalde, Claudio Garrido, recibiron a visita do novo xefe provincial de tráfico, Alberto Rodríguez Fernández.
14 Mar 2024
O concelleiro de Seguridade e Emerxencias de Sarria, Félix Seijas, e o alcalde, Claudio Garrido, recibiron a visita do novo xefe provincial de tráfico, Alberto Rodríguez Fernández.
Na reunión que mantiveron, tratáronse temas relevantes para Sarria, desde a seguridade viaria ata a educación, así como posibles colaboracións entre as institucións.
Desde o Concello de Sarria din que "felicitamos e desexamos toda a sorte ao novo responsable da DXT na provincia nesta nova etapa".