Ferreiros celebra as festas na honra a Santa Lucía os días 31 de agosto e 1 de setembro

SarriaXa
O programa combina actos relixiosos e música para todos os públicos
Fogos artificiais
30 Aug 2025

A parroquia de Ferreiros, en Paradela, prepárase para vivir dous días de festa os próximos 31 de agosto e 1 de setembro de 2025, en honra a Santa Lucía. O programa combina actos relixiosos e música para todos os públicos.

O domingo 31 de agosto, a celebración comezará cunha misa solemne ás 13:00 horas, acompañada pola Coral Infantil Banda de Paradela. A continuación, terá lugar a sesión vermú coa orquestra Alabama. Xa pola noite, a verbena contará coa actuación da propia orquestra Alabama e a presenza estelar do artista Antonio Barros.

O luns 1 de setembro, repetirase a misa solemne ás 13:00 horas, e a xornada continuará cunha sesión vermú e verbena amenizadas pola orquestra Costa Dorada.

As festas contan coa colaboración do Concello de Paradela, a Deputación de Lugo e a área de Cultura a través do programa Tradigalu.

⚙ Configurar cookies
0.12835597991943