Ferretería Sarria conta cun novo punto de recollida de baterías

SarriaXa
As persoas que estean interesadas en utilizalo poderán depositar pilas e baterías de uso doméstico, non industrial
recollida-de-baterías-Ferretería-Sarria
30 sep 2024

A empresa Ferretería Sarria conta cun novo punto de recollida de baterías no seu local da vila, onde as persoas poderán depositar as súas pilas de uso doméstico.

Javier López, xerente do negocio, explica que ao ser distribuidores oficiais da marca Stihl, contan con este punto de recollida para as baterías de produtos da marca Stihl, así como "pode vir calquera persoa que teña pilas de uso familiar, non industrial, e depositalas".

Así, di que Stihl "é pioneira implantando un punto de recollida de baterías" e que este proxecto nace "do seu compromiso co medio ambiente".

Ademais, cada persoa que deposite unha batería no punto de recollida, poderá escanear un QR e participar nun sorteo de agasallos.

0.11696910858154