Festicultores chega a Triacastela o sábado

SarriaXa
O vindeiro sábado 18 de setembro, chega a Triacastela o ambiente festivo e ameno grazas ao espectáculo de Festicultores Troupe.
esmorga fest sarria festival
15 sep 2021

O vindeiro sábado 18 de setembro, chega a Triacastela o ambiente festivo e ameno da man de Festicultores Troupe, unha banda musical co obxectivo de cultivar a festa máis salvaxe e vigorosa a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Desta maneira, a actuación levarase a cabo ás 18.30 horas na praza da igrexa. No caso de que o tempo atmosférico non acompañe, será na praza do Concello.

Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dun concerto seguro e con garantías.

cartel festicultores Triacastela
0.11489510536194