FIC23

SarriaXa | AMariñaXa
Achégate á música clásica da man de Rebeca Maseda, que narra dende preto, historia, cultura e paixón por esta arte.
rebeca maseda fotos nueva 2022
6 Oct 2023

Por Rebeca Maseda

Que vos parece un festival que sitúa no centro da súa razón de ser as ideas e a cultura? Pode existir algo máis marabilloso!? Había tempo que non asistía a un evento destas características: xornalistas e filósofas/os de recoñecido prestixio nacional e internacional xuntas/os enriba dun escenario co fin de pór en valor a palabra, as ideas, a razón. E por suposto, con moito respecto e educación, sen berros e insultos -algo ao que lamentablemente estamos demasiado afeitas/os...-

Este festival do que vos estou a falar celebrouse hai unhas semanas na Coruña e foi organizado polo xornal dixital, elDiario.es. Alí, na mítica Praza de María Pita, déronse cita persoeiros dunha gran valía profesional como Ignacio Escolar -director do xornal-, Roberto Saviano, Nacho Carretero, José Antonio Marina ou James Rhodes, para iluminarnos coas súas sabias reflexións en torno a temáticas moi variadas; desde o crime organizado, o narcotráfico ou os abusos sexuais, pasando pola corrupción, a intelixencia artificial ou a calidade do noso sistema educativo. Un auténtico repaso ao mundo que nos rodea, coas súas luces e sombras, desde unha óptica transversal e rigorosa. Abonda con citar a máxima do xornal: “Periodismo a pesar de todo”.

Vivimos nun mundo cheo de “verdades absolutas” -como se tal cousa fora posible...- no cal corremos un risco real de acabar saturadas/os por un exceso de información. Internet e as redes sociais xogan un rol moi determinante no noso pensamento, modelando as nosas opinións incluso sen darnos conta.

Poderíase dicir que as pantallas son unha especie de “caverna moderna”, o filtro dun universo virtual no que proxectamos a nosa realidade, verdadeira ou non. Non sabería dicir se a mente humana está preparada para procesar cada unha das innovacións tecnolóxicas que xorden día a día, pero o certo é que escapa totalmente ao noso control. Intentas adaptarte da mellor maneira posible e a outra cousa. A palabra “distopía” está moi presente no noso imaxinario colectivo e cada vez máis, serve como fonte de inspiración (ou desesperación...) para moitos libros, películas e series. Onde quedou Orwell co seu “1984”...!

O concepto de “idea” responde a moitos significados: representación mental de algo ou de alguén, coñecemento de algo ocorrido ou por ocorrer, habilidade ou talento para realizar algo, noción do que se fai; maneira de pensar sobre unha cousa concreta, pensamento de facer algo, etc. Falar de ideas é falar tamén de abstracción e entelequia. Un mundo complexo ao que Platón lle dedicou unha parte moi importante da súa obra. Dise a miúdo que Sócrates foi o pai da filosofía occidental tal e como a entendemos hoxe en día, pero estes méritos non serviron para eclipsar as contribucións do seu discípulo Platón.

Este ateniense, nado no século V a. C., empezou interesándose por seguir desenvolvendo a filosofía moral que caracterizara ao seu mestre, pero a realidade é que rematou por crear algo ben distinto, centrado na natureza do que existía máis que no que debía facerse e o que non. Esta contribución é coñecida como a “Teoría das Ideas” e foi a base de todo o seu pensamento filosófico. Platón afirmaba que existían dous tipos
de realidades segundo o tipo de entidade: sensible (que se pode sentir a través dos sentidos sensoriais) e intelixible (que non se pode coñecer a través dos sentidos, senón por medio da razón, como as Ideas), é dicir, cada cousa sensible toma a Idea daquilo que o caracteriza.

Falar de “ideas” no mundo actual parece case naíf ou absurdo pero a realidade é que neste concepto reside probablemente a esencia primixenia do ser humano. Así que, non se me ocorren dúas razóns mellores para festexar: Viva o Festival das Ideas e da Cultura!

A escultura de Santa Teresa atópase no centro, aloxada nunha hornacina formada por columnas aos lados e coroada por un dintel curvado que achega movemento á escena. Trátase, polo tanto, dun verdadeiro escenario (o propio Bernini xa tiña experiencia traballando no deseño de escenarios). Toda a capela está realizada en mármore de cores e tipos diferentes, en total máis de vinte variedades, o que o converte nun proxecto moi rico, custoso e luxoso.

Esculpida na súa totalidade en mármore branco, Bernini sabe captar á perfección o sutil movemento tanto das vestimentas da santa -caracterizadas por ese encartado barroco que tanto repite o mestre escultor-, como do vaivén do anxo; imprimindo deste xeito un carácter etéreo á composición.

Trátase dunha escultura tremendamente expresiva que é capaz de emocionar ao espectador debido ao gran talento que ten Bernini para crear non só unha obra de arte que fale por si mesma, senón todo un ambiente; un conxunto de luces, cores e formas diagonais no que calquera pode verse mergullado.

Esta peza constitúe unha auténtica icona da escultura barroca italiana no seu foco romano, xa que concentra todos os ingredientes deste movemento artístico. Pero ademais, acabou dando lugar a unha nova corrente iconográfica en torno á figura de Santa Teresa, converténdose nunha fonte de inspiración constante para futuros artistas.

Que delicia perderse polas rúas de Roma e descubrir paraxes incribles e arte en cada recuncho da cidade. Si, o mundo non remata cos catro puntos sinalados en grande en Google Maps... Vai un pouco máis alá e crea a túa propia lista de imprescindibles!


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1274402141571