Finaliza a súa formación o primeiro bolseiro da Fundación Caixa Rural Galega

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas anunciou a finalización exitosa dos estudos de Alexandre Rico Fernández, o primeiro beneficiario do seu programa de bolsas de posgraduado. Alexandre, graduado do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, completou o seu mestrado en Medicina Veterinaria Preventiva na Universidade de California, Davis.
Grazas ao apoio económico e a confianza da Fundación, Alexandre puido desenvolver competencias clave en epidemioloxía, estatística aplicada, saúde pública e xestión do risco, baixo o enfoque One Health. A súa experiencia nunha contorna académica e profesional innovador permitiulle deseñar unha formación personalizada e adquirir habilidades esenciais para liderar proxectos con impacto na sociedade galega.
Na súa memoria final, Alexandre destaca a importancia da investigación e a formación especializada para enfrontar os desafíos estruturais de Galicia, como o envellecemento, o despoboamento e a perda de competitividade en sectores crave como o agroalimentario. Con esta visión, Alexandre planea regresar a Galicia para contribuír ao desenvolvemento sostible da rexión.
Recentemente, Alexandre visitou a nosa sede para compartir os detalles da súa experiencia e a finalización dos seus estudos grazas á bolsa. O seu testemuño reafirma o compromiso da Fundación co talento galego e a promoción do desenvolvemento económico, social e produtivo do medio rural.
A Fundación lembra que a convocatoria de bolsas de posgraduado para o curso 2025/2026 segue aberta todo o mes de maio. Estas bolsas están dirixidas a aqueles interesados en realizar un máster ou tese doutoral no estranxeiro.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de maio e as solicitudes, do mesmo xeito que as bases desta convocatoria, poderán atoparse na páxina web www.fundacioncruralnotario.gal no apartado de convocatorias.