'Fíos de poesía' será a actividade que dará comezo aos actos polo 8M en Sarria
A Semana da Muller en Sarria comezará este xoves, 7 de marzo, coa actividade Fíos de poesía, un recital aberto de autoras que terá lugar na Casa da Cultura a partir das 19.30 horas e no que poderán participar todas as persoas interesadas.
Pola súa parte, o propio día 8 de marzo lerase o manifesto polo Día Internacional da Muller a partir das 13.30 horas na Casa do Concello a cargo da concelleira de Igualdade, Isabel Vergara.
Xa o sábado, 9 de marzo, desenvolverase un obradoiro de arte colaborativa 8M na Casa da Cultura a partir das 11.00 horas e ás 18.00 horas terá lugar a VII Carreira da Muller Vivas e Iguais.
Por último, o domingo 10 terá lugar o Concerto pola Muller a cargo da Banda de Música Comarcal de Sarria, coa presenza ademais de Nerea Iglesias e Olalla Losada.